22 Xuñ Estreámonos no Campionato de España de clubs de CxM
O pasado sábado 15 de xuño estreámonos no Campionato de España de clubs de Carreiras por Montaña en liña. Por primeira vez, o Club de Montaña Vértice estivo presente neste campionato, no que foi o único representante galego tanto na categoría feminina como na masculina. O campionato celebrouse no Igualeja Skyrace, unha proba de 25 km cun desnivel positivo de 1650 metros. Pero esas cifras non dan a medida da súa dureza. O terreo pedregoso e moi técnico facía moi difícil correr en practicamente todo o percorrido, o que supuxo un reto para os membros dos nosos equipos.
O resultado foi moi satisfactorio para nós. Así quedamos clasificados:
- María Fabeiro
- Raquel Salgueiro
- Paula Paz
- Marisa Lodeiro
- Raquel Yáñez
- Marga Moreno
- Rubén Insua
- Manuel Piñeiro
- Ramón Barreiro
- José Manuel (Xurxo) Fernández
- Joaquín (Jota) Fabeiro
- José Marque
- Alexandre Otero
- Toño Lagos
No equipo masculino, o máis rápido foi Rubén Insua, que rematou nun moi bo 18º posto. Completaron a participación masculina Felipe Carbón, Andrés Faraldo, Ben Carter e Jesús Fernández Porto, que puntuaron tamén para a Copa de España, do que esta proba tamén forma parte.
A participación do club foi posible grazas ao apoio económico da Deputación da Coruña dentro do seu programa de subvencións para a participación en competición federada de ámbito nacional ou internacional.
Velaquí algunhas fotos do noso paso polo Campionato de España:
No Comments