A edición de 2023:

domingo, 5 de febreiro de 2023

VII Maratón por Montaña A Camelia

O Club de Montaña Vértice presenta a sétima edición da MAC, a Maratón por Montaña A Camelia. Unha aventura por paraxes cheas de historia, lendas e patrimonio: a ribeira do Ulla e o seu afluente o Pereiro, os misterios do Pico Sacro e a súas vistas espectaculares, as lendas do Gundián e as veigas e montes de Vedra.

 

A edición de 2023 presenta catro modalidades: a esixente maratón de 42 km e 2180 m de desnivel positivo, o trail e a andaina, que comparten percorrido de 14 km e +370, e como novidade deste ano, a maratón por relevos: en parella, con 20,5 km para o primeiro relevo e 21,5 km para o segundo.

 

El Club de Montaña Vértice presenta la séptima edición del MAC, el Maratón por Montaña A Camelia. Una aventura por parajes llenas de historia, leyendas y patrimonio: la ribera del Ulla y su afluente el Pereiro, los misterios del Pico Sacro y sus vistas espectaculares, las leyendas de O Gundián y los campos y montes de Vedra.

 

La edición de 2023 presenta cuatro modalidades: el exigente maratón de 42 km y 2180 m de desnivel positivo, el trail y la andaina, que comparten recorrido de 14 km e +370, y como novedad de este año, el maratón por relevos: en pareja, con 20,5 km para el primer relevo y 21,5 para el segundo.

Desconto do 10% na Ultra Trail do Marão, unha das probas de máis prestixio de Portugal, para todas as persoas inscritas no trail ou na maratón da Camelia.

As probas:

Maratón: 42K / 2180 m+

Powered by Wikiloc

Domingo 5 de febreiro
Saída da área recreativa de Agronovo
Chegada no Pavillón polideportivo de Vedra
100 prazas

 

A carreira de 42K con case 4000 m de desnivel acumulado ofrece tramos onde podes correr con facilidade e áreas técnicas onde cada paso se converte nun reto. Hai un desafío engadido: a auga e o barro predominan no percorrido e engaden atractivo e dureza á proba.

 

Tras uns primeiros quilómetros pola beira norte do Ulla, crúzase pola Ponte Ulla para realizar varias subidas escarpadas entre o Gundián e o Coto do Castro. Afróntase logo un terreo rompepernas que leva aos participantes ao Pico Sacro, cumio da proba. A partir de aí altérnanse zonas técnicas á beira do rego de San Cristobo e o río Pereiro e outras rápidas, que culminan na meta, en Vedra.

 

La carrera de 42K con casi 4000 m de desnivel acumulado ofrece senderos donde correr con facilidad y zonas técnicas donde cada paso se convierte en un reto. reto. Hay un desafío añadido: el auga y el barro predominan en el recorrido y añaden atractivo y dureza a la prueba.

 

Tras unos primeros kilómetros pola orilla norte del Ulla, se cruza por Ponte Ulla para realizar varias subidas escarpadas entre Gundián y Coto do Castro. Se afronta después un terreno rompepiernas que lleva a los participantes al Pico Sacro, cumbre de la prueba. A partir de ahí se alternan zonas técnicas a la orilla del rego de San Cristobo y el río Pereiro y otras rápidas, que culminan en la meta, en Vedra.

 

El agua y el barro predominan en el recorrido y una meteorología muy variable hacen que ser “finisher” sea todo un desafío.

Maratón por relevos: 20,5K + 21,5k

Domingo 5 de febreiro
Saída da área recreativa de Agronovo
Chegada no Pavillón polideportivo de Vedra
100 prazas (50 parellas)

 

A carreira por relevos coincide no percorrido coa maratón, pero permite repartir entre os dous membros da parella os 42 km de percorrido:

 

  • O primeiro relevo é desde a saída ata o km 20,5, cun desnivel positivo aproximado de 1.250m e desnivel acumulado de 2.300m. A dificultade física é alta e a dificultade técnica é media. Conta cun avituallamento en carreira (km 9,5) e o avituallamento fin de relevo.

 

  • O segundo relevo vai desde o km 20,5 ata a meta, completando 21,5 km cun desnivel positivo aproximado de 930m e desnivel acumulado de 1.960m. A dificultade física é  media e a dificultade técnica é baixa. Este relevo conta con 2 avituallamentos en carreira (km 7,5 e km 14,5 do relevo) e o avituallamento en meta.

 

La carrera por relevos coincide con el recorrido del maratón, pero permite repartir entre los dos miembros de la pareja los 42 km del recorrido:

 

  • El primer relevo es desde la salida hasta el km 20,5, con un desnivel positivo aproximado de 1.250m y desnivel acumulado de 2.300 m. La dificultad física es alta y la dificultad técnica es media. Cuenta con un avituallamiento en carrera (km 9,5) y el avituallamiento fin de relevo.

 

  • El segundo relevo va desde el km 20,5 hasta la meta, completando 21,5 km con un desnivel positivo aproximado de 930m y desnivel acumulado de 1.960m. La dificultad física es media y la dificultad técnica es baja. Este relevo cuenta con 2 avituallamientos en carrera (km 7,5 y 14,5 del relevo) y el avituallamiento en meta.

Trail: 14K / 370 m+

Powered by Wikiloc

Domingo 5 de febreiro
Saída e chegada no Pavillón polideportivo de Vedra
150 prazas

 

O trail da Camelia é unha carreira para todos e todas. Atrae principalmente aos amantes da velocidade afeitos a correr en asfalto, duatlón, triatlón, cross e carreiras de montaña rápidas. É asequible para todo tipo de corredores e isto faino ideal para comezar a tempada ou incluso iniciarse en carreiras de montaña.

 

A carreira estrea novos tramos na primeira parte do seu percorrido, con camiños de monte que conducen aos participantes ata o río Pereiro: alí agarda a auga e o barro que garanten diversión.

 

El trail da Camelia es una carrera para todos y todas. Atrae principalmente a los amantes de la velocidade acostumbrados a correr en asfalto, duatlón, triatlón, cross y carreras de montaña rápidas. Es asequible para todo tipo de corredores y esto lo hace ideal para comenzar la temporada o incluso iniciarse en carreras de montaña.

 

La carrera estrena nuevos tramos en la primera parte de su recorrido, con caminos de monte que conducen a los participantes hasta el río Pereiro: allí espera el auga y el barro que garantizan diversión.

Andaina: 14K / 370 m+

Domingo 5 de febreiro
Saída e chegada no Pavillón polideportivo de Vedra
200 prazas

 

A andaina comparte percorrido co trail. Ofrece unha oportunidade única de gozar da natureza e do patrimonio de Vedra: camiños entre carballos, as sendas á beira do río Pereiro e lugares icónicos como a fervenza da Serra, a capela de Santa Isabel e a ponte de Bazar.

 

La andaina comparte recorrido con el trail. Ofrece una oportunidad única de disfrutar de la naturaleza y del patrimonio de Vedra: caminos entre robles, las sendas en la orilla del río Pereiro y lugares icónicos como la cascada de A Serra, la capilla de Santa Isabel y el puente de Bazar.

PequeTrail

Domingo 5 de febreiro, ás 13:00 h
Saída chegada no Pavillón polideportivo de Vedra
30 prazas por categoría

 

A inscrición será gratuíta e poderá realizarse previamente a través da plataforma de inscrición ou no propio día da carreira ata media hora antes da celebración das carreiras.

Haberá tres distancias:

  • Pelouros. Nacidos entre 2017 e 2014: percorrido de 600 m.
  • Penedos. Nacidos entre 2013 e 2011: percorrido de 2 km.
  • Picoutos. Nacidos entre 2010 e 2007: percorrido de 4 km.

Haberá premios para tod@s @s participantes no Pequetrail.