Escola de carreiras por montaña

Prazas dispoñibles para nen@s nacid@s entre 2007 e 2017.

A Escoa Vértice de carreiras por montaña é unha iniciativa do CDM Vértice co apoio do Concello de Vedra e o Concello de Boqueixón.

 

A tempada 2023 arranca en febreiro e desenvolverase ata novembro, con descanso en agosto. A inscrición custa 10 € ao mes, 5 € para segund@s e terceir@s irmá(n)s.

 

En que consiste?

 

É unha actividade orientada á diversión e o pracer de xogar. A través dos xogos os nenos e nenas aprenderán a técnica de carreiras por montaña, coñecerán os diversos terreos cos que se podemos atopar no monte, como aplicar a técnica de carreira a cada terreo… Practicarán xogos para mellorar a condición física e para coidar o medio ambiente.

 

Ademais introduciranse no mundo da orientación, coa lectura básica de mapas a través de buscas do tesouro. E xa por último adquirirán nocións básicas de nutrición.

A quen se dirixe?

 

A escola quere iniciar nas carreiras por montaña a nenos e nenas de 6 a 16 anos co obxectivo de achegalos a un deporte distinto no que concorren técnica e velocidade e no que priman valores como o compañeirismo e o respecto pola natureza.

Onde?

 

A sede da escola é o Pavillón Polideportivo de Lestedo, situado ao pé do Pico Sacro (Boqueixón), a só 15 minutos de Santiago de Compostela.

Cando?

 

  • Nacid@s entre 2017 e 2012: xoves de 16:30 a 18:00
  • Nacid@s entre 2011 e 2007: xoves de 18:00 a 19:30

A adestradora

 

Verónica Calvo Dopazo

A escola está dirixida por Verónica Calvo Dopazo. É a actual seleccionadora galega de carreiras por montaña e directora do programa de tecnificación desta disciplina na FGM. Forma parte do noso club, o CDM Vértice.

 

Verónica é licenciada en ciencias da actividade física e do deporte e mestra con especialidade de educación física, ademais de contar cun máster de nutrición. Conta con titulacións en diversas disciplinas deportivas, como a de adestradora nacional de triatlón e natación ou adestradora de voleibol. Ten unha importante experiencia docente e está acostumada a traballar con nenos e nenas.

 

A todo isto suma o seu currículo deportivo, centrada nos últimos anos nas carreiras por montaña, disciplina na que logrou importantes éxitos, como o seu 2º posto na Copa Galega de carreiras por montaña e 2º no Desafío Galaico, ambos en 2019 (ano no que foi convocada coa selección galega) e as súas vitorias no trail da Cidá e no trail de San Isidro na tempada 2020/2021.

Inscrición na escola