O Club de Montaña Vértice presenta a quinta edición do Desafío Vértice Trail Vila de Padrón. Ten dúas versións: un recorrido longo de 22 km e 1570 m+ e un recorrido curto de 14 km e 800 m+. Ambos teñen un trazado esixente con sendeiros, cortalumes e descensos técnicos polos montes de Lampai. Un desafío para deportistas de todos os niveis e nunha das carreiras máis espectaculares de Galicia.
Trail longo. 22 km 1570 m+
2ª proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña (CXM) – Trail
3ª proba do Desafío Galaico
Trail curto. 14 km 800 m+
2ª proba da Copa Galega Junior e Xuvenil de Carreiras por Montaña (CXM) – Trail
Cando? Na mañá do sábado 3 de setembro.
Onde? Saída na capela de Santa Ana, A Agrela (Teo), meta en Padrón.
Cantos dorsais? 200 para a carreira curta e 200 para a longa.
E a inscrición? https://magmasports.es a partir do 1 de xullo e ata o 30 de agosto.
O Desafío Vértice Trail Vila de Padrón de 22 km con máis de 3000 m de desnivel acumulado (1570 m+) ofrece sendeiros onde podes correr facilmente e zonas técnicas que fan que o percorrido se cualifique cunha dificultade técnica media/alta.
Saíndo ao pé da capela de Santa Ana, na aldea da A Agrela, atravesa os montes de Lampai en dirección ao monte Meda. Coroando os cumes máis importantes: Pena das Cruces, Pena de A Agrela, Castelo de Roque e, finalmente, a Meda, o pico máis alto, onde se alcanza practicamente toda a pendente positiva superada, e onde se fai un descenso salvaxe cara ao final a vila de Padrón.
Este ano repetirase o percorrido da edición anterior con algunha pequena variante para descubrir novos camiños. De novo temos catro cortalumes, cada cal máis duro. Hidratarse ben, dosificar e gardar boas pernas para o tramo final son elementos clave.
A edición de 2022 será 2ª proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña-Trail e 3ª proba do Desafío Galaico.
A proba de 14 km do Desafío Vértice Trail Vila de Padrón, con 800 m de desnivel positivo, comparte algunhas das zonas máis técnicas dos 22k pero nunha distancia máis asequible.
En 2022 acollerá a segunda proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña-Trail Junior e Xuvenil.
Este ano estreamos carreiras para a xente máis nova: os nenos e nenas nacidos entre 2008 e 2016 poderán participar nalgunha das tres categorías do Minidesafío:
Pelouros. Nacidos entre 2016 e 2014: percorrido de 300 m.
Penedos. Nacidos entre 2013 e 2011: percorrido de 1,4 km.
Picoutos. Nacidos entre 2010 e 2008: percorrido de 2,5 km.
As carreiras serán a partir das 13:00 h en Padrón. A inscrición é gratuíta e haberá premios para tod@s @s participantes!
TRAIL LONGO
TRAIL CURTO
TRAIL LONGO
TRAIL CURTO
CRONOESCALADA
TRAIL LONGO
TRAIL CURTO
CRONOESCALADA
TRAIL LONGO
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |